sábado, 23 de abril de 2022
xoves, 21 de abril de 2022
Caras monstruosas
Creamos os nosos monstros con pallas (pajitas), pinturas, cartolinas brancas, ollos e bocas impresos.
Os nenos/as botan chorros de témpera (pódese diluir un pouquiño con auga) na cartolina e coa palla sopran dándolle a forma que queiran mezclando as cores.
Colgamos as cartolinas para que sequen. No chan da clase poñemos periódicos debaixo para que gotee o resto da pintura.
Unha vez secas, pegan os ollos e bocas que escolleron e recortaron.
Despois, escribimos contos con eles ou traballamos a descripción.
Descargar ollos e bocas
mércores, 20 de abril de 2022
Experimento CARREIRA DE ARCOS DA VELLA
Arcos da vella
Sabedes o que é a capilaridade?
Pois a capilaridade é a capacidade que teñen os líquidos para ascender en contra da gravidade, adheríndose ao interior de pequenos tubiños ou capilares.
É o fenómeno que permite por expemplo ás plantas obter a auga do solo e transportalo ata as follas.
O papel de cociña está feito con celulosa e está deseñado con pequenos espazos no seu interior. Estas dúas características favorecen a capilaridade, é dicir, facilitan que a auga poida subir arrastrando a tinta dos rotuladores.
DESCARGAR FICHA ARCOS DA VELLA
luns, 18 de abril de 2022
FIGURAS LITERARIAS, MÉTRICA E RIMA POESÍA GALEGA
CHAVEIROS DE FIGURAS LITERARIAS, MÉTRICA E RIMA
EN LINGUA GALEGA PARA PRIMARIA
Material para imprimir e plastificar. Cada pequeno grupo ou alumno/a utilízao de guía cando traballamos a análise dunha poesía.
Antes de ler a poesía traballamos o vocabulario. En pequenos grupos, unen as palabras propostas coa definición que pensen que é a correcta. Correximos e poñemos exemplos de maneira oral.Logo facemos a lectura da poesía. Imos explicando o significado e facendo preguntas do vocabulario para reforzar a adquisición do mesmo.Co chaveiro de figuras literarias básicas diante, en pequenos grupos, buscan comparacións, metáforas, figuras de repetición...Despois da lectura en pequenos grupos marcan a métrica e a rima. Finalmente, correximos en conxunto.
DESCARGAR CHAVEIROS POESÍA LINGUA GALEGA
Tamén pode interesarche:
xoves, 14 de abril de 2022
LABERINTOS HORAS MINUTOS Y SEGUNDOS
Laberintos de sumas y restas de horas, minutos y segundos
DESCARGAR LABERINTOS GRATIS sumas y restas de horas, minutos y segundos
xoves, 7 de abril de 2022
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)