CHAVEIROS DE FIGURAS LITERARIAS, MÉTRICA E RIMA
EN LINGUA GALEGA PARA PRIMARIA
Material para imprimir e plastificar. Cada pequeno grupo ou alumno/a utilízao de guía cando traballamos a análise dunha poesía.
Antes de ler a poesía traballamos o vocabulario. En pequenos grupos, unen as palabras propostas coa definición que pensen que é a correcta. Correximos e poñemos exemplos de maneira oral.
Logo facemos a lectura da poesía. Imos explicando o significado e facendo preguntas do vocabulario para reforzar a adquisición do mesmo.
Co chaveiro de figuras literarias básicas diante, en pequenos grupos, buscan comparacións, metáforas, figuras de repetición...
Despois da lectura en pequenos grupos marcan a métrica e a rima. Finalmente, correximos en conxunto.
Tamén pode interesarche:
Ningún comentario:
Publicar un comentario