xoves, 21 de abril de 2022

Caras monstruosas

 Creamos os nosos monstros con pallas (pajitas), pinturas, cartolinas brancas, ollos e bocas impresos.

Os nenos/as botan chorros de témpera (pódese diluir un pouquiño con auga) na cartolina e coa palla sopran dándolle a forma que queiran mezclando as cores. 

Colgamos as cartolinas para que sequen. No chan da clase poñemos periódicos debaixo para que gotee o resto da pintura.

Unha vez secas,  pegan os ollos e bocas que escolleron e recortaron.

Despois, escribimos contos con eles ou traballamos a descripción.


 Descargar ollos e bocas

Ningún comentario:

Publicar un comentario