domingo, 30 de outubro de 2022

CARNÉ DO ESCRITOR/A EN PRÁCTICAS

 Escritores en prácticas 

( en lingua galega e castelán)

Empregamos o carné do escritor/a como elemento motivador. Cando escriben un conto deben revisar todo o que pon no carné para poder levar un selo.


Imprime en cartolina en dúas caras e listo !

mércores, 12 de outubro de 2022

Tardígrados - osos de auga

 Traballo de investigación - TARDÍGRADOS / OSOS DE AUGA

Ontes levei a clase un pouco de musgo, puxémolo debaixo do microscopio (conectado á PDI) e aquí está.



Estes días levaremos a cabo un traballo de investigación sobre estes animaliños.

domingo, 9 de outubro de 2022

Obradoiro Samaín - galletas de pantasmas

 Polo Samaín este ano imos preparar galletas de pantasmas. 

Xa mercamos os cortadores e o fondant (branco). Un día faremos a masa que deixaremos reposar na neveira unhas horas. Ao seguinte día cortaremos a masa e levarémola ao forno. Cando arrefríen decoraremos con masa fondant as nosas galletas.


DESCARGAR OBRADOIRO DE COCIÑA GALLETAS PANTASMAS



OS 5 REINOS DOS SERES VIVOS - CADERNO INTERACTIVO

 Elaborei este despregable para repasar os 5 reinos dos seres vivos. Agardo que sexan de utilidade. É moi versátil xa que non presenta frases para completar polo que o alumnado pode ser máis creativo, e tamén pode valernos para distintos niveis.


Tamén ten unha plantilla só cos títulos para que poidan debuxar  e decorar eles mesmos.

Descargar caderno interactivo os 5 reinos