DESCUBRINDO O MUNDO
Esta actividade gusta moito aos rapaces e esperta neles a curiosidade e as gañas de aprender.
Puxen un mapa físico e outro político na aula. Imprimín pasaportes para cada alumno/a coa súa foto e.... a viaxar !
Cada un escolleu unha vila ou cidade de cada un dos continentes. Buscou información e imaxes para completar o seu pasaporte, e colocaban unha chincheta no mapa da aula. As imaxes fóronmas enviando a través da aula virtual na opción de tarefa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario