Menú

Ovos extraterrestres

Experimento ovos de xeo

Por que hai xeo transparente preto da superficie do globo? Por que hai burbullas no interior algunhas alongadas e outras formando cadeas? Por que o centro é opaco? Por que se forma auga líquida arredor da sal? Viches que hai máis cantidade de xeo somerxido que o que aboia?




Descarga fichas de ovos extraterrestres

xoves, 17 de febreiro de 2022

DESCUBRINDO O MUNDO

 DESCUBRINDO O MUNDO


Esta actividade gusta moito aos rapaces e esperta neles a curiosidade e as gañas de aprender.

Puxen un mapa físico e outro político na aula. Imprimín pasaportes para cada alumno/a coa súa foto e.... a viaxar !

Cada un escolleu unha vila ou cidade de cada un dos continentes. Buscou información e imaxes para completar o seu pasaporte, e colocaban unha chincheta no mapa da aula. As imaxes fóronmas enviando a través da aula virtual na opción de tarefa.




DESCARGAR PASAPORTE EN GALEGO


DESCARGAR PASAPORTE EN CASTELLANO






martes, 15 de febreiro de 2022

FLIPBOOK / CADERNO INTERACTIVO A PREHISTORIA (También en castellano)

Caderno interactivo en lingua galega da prehistoria

Tres libriños que se poden pegar no caderno ou serven tamén para facer libros individuais. Contén a versión con texto e sen el para que o alumnado poida cubrir.

Elaboreino para 4º de Ed.Primaria, pero pode servir para 3º, 5º ou 6º xa que ten a versión sen texto onde o alumnado pode completar co texto que se queira.



Descargar Flipbook da Prehistoria (galego)

Descargar Flipbook de la Prehistoria (castellano)

Tamén pódeche interesar o LIBRIÑO DA ÍDADE ANTIGA - ÉPOCA PRERROMANA