luns, 11 de outubro de 2021

RELEVO, RÍOS E VERTENTES DE ESPAÑA / CHAVEIROS XEOGRÁFICOS

Déixovos tres enlaces a materiais relacionados co relevo, ríos e vertentes de España en galego e castelá. Sentín a necesidade de crear este material para que fora máis atractivo para o alumnado. Empreguei imaxes reais co nome e ubicación de cada unha, coa finalidade de que na clase poidamos ubicar todo nun mapamundi. 
Como o traballo?
1º - Presentamos os accidentes xeográficos ao alumnado cunha posta en común onde eles nos conten se estiveron ou viron algún río, ría, meandro, illa, arquipélago... 
2º - Proxectamos só as imaxes dos accidentes xeográficos e o alumnado ten que dicir de cal se trata (se estamos en cursos máis baixos, escribo os nomes na pizarra en grande para que os teñan de referencia)
3º - Traballamos o relevo- Lembramos as capas da Terra e contextualizamos o relevo, posta en común, cubren o mapa mudo e poden facer cada un un pequeno mural pegando o mapa mudo no centro e recortando e pegando o resto do material descargable ao redor. Tamén deseñei unha ficha para que ordenen por orde de maior a menor altitude os picos máis importantes (contén unha adaptación para recortar e que non teñan que escribir)
4º -Traballamos a hidrografía. Do mesmo xeito, contextualizamos lembrando as capas da Terra e traballamos primeiro mares e océanos, logo vertentes e por último ríos. No descargable tendes mapas mudos para cubrir e unha ficha para catalogar os ríos por vertentes.
Agardo que vos guste e sexa de utilidade!!


DESCARGAR ACCIDENTES XEOGRÁFICOS CON ACTIVIDADES. 


DESCARGAR ACCIDENTES GEOGRÁFICOS CON ACTIVIDADES. (ESPAÑOL)

Ningún comentario:

Publicar un comentario