Menú

domingo, 24 de outubro de 2021

Cociña polo Samaín

Polo Samaín, aproveito que vaciamos as cabazas para facer un taller de cociña cos restos de cabaza que sacamos.

Podedes descargar o material que contén:
  •  Receita de madalenas de cabaza
  • Adornos para recortar e poñer con escarvadentes nas madalenas
  • Fichas de vocabulario.
  • Ficha matemática.

Suscríbete!

DESCARGAR TALLER COCIÑA SAMAÍN

DESCARGAR FICHA CONTENIDOS MATEMÁTICOS












domingo, 17 de outubro de 2021

Esquemas As Forzas

Deseñei estas fichas para 4º de Primaria: esquemas e ficha con preguntas.
Os esquemas están a cor, a branco e negro e incompletos para que complete o alumnado.
Recomendo os seguintes vídeos:




Podedes descargar os esquemas en galego e en castelán.
Unha vez máis agardo que vos encante!



venres, 15 de outubro de 2021

PATACAS DE DITONGOS E HIATOS

PATACAS DE DITONGOS E HIATOS

Para esta actividade podes mercar as caixas de patacas fritas xa feitas, igualmente déixovos unha plantilla nas descargas.  Lembra imprimir as patacas en folios amarelos.

Eu plantexo a actividade da seguinte maneira:
1º Ordenan as palabras empregando as etiquetas só coa etiqueta das sílabas.


2º Observamos as palabras e chegamos xuntos á norma. 
Nas descargas puxen bastantes palabras, pero non empreguedes todas porque senón á hora de correxir ou poñer en común leva moito tempo.

Espero que vos encanten os materiais e que lle saquedes proveito na aula.

Subscríbete!

DESCARGAS:


Etiquetas en castellano y gallego


Patatas fritas en castellano


Patacas fritas en galego


xoves, 14 de outubro de 2021

FICHA CON SOLUCIONES PARA EMPEZAR A TRABAJAR POTENCIAS

Ejercicios de potencias para Primaria con representación gráfica


Es de vital importancia trabajar las matemáticas de manera gráfica, con dibujos, representaciones... de manera que el niño dibuje y visualice. 

En 4º de Ed.Primaria debemos entrenar mucho el dibujo de potencias al principio de trimestre.  Luego inventamos problemas sobre esos dibujos o representaciones.

De esta manera entenderá los problemas que se le presenten después con mayor facilidad y rapidez.

Es importante que el alumno entienda, visualice, imagine y cree, que no se limite a responder de manera mecánica.




martes, 12 de outubro de 2021

CARTEL - CHAVEIRO VERBOS EN GALEGO

Chaveiros cos verbos en galego!!  Eu imprimín, plastifiquei e xunteinos con arandelas de cores. Sirven de apoio no análise morfosintáctico, para que leven a casa para estudar... 

Hai 2 modelos, un con marca para taladrar e outro sen marca.


DESCARGAR CHAVEIRO DE VERBOS



luns, 11 de outubro de 2021

CARTEIS PARA DESCOMPOSICIÓN DE NÚMEROS ENTEROS-DECIMAIS

 Podes imprimir e plastificar estes carteis en grande, unilos e cun rotulador de pizarra branca facer descomposicións co teu alumnado.


DESCARGAR CARTELES DECIMALES,UNIDADES,MILLARES,MILLONES

RELEVO, RÍOS E VERTENTES DE ESPAÑA / CHAVEIROS XEOGRÁFICOS

Déixovos tres enlaces a materiais relacionados co relevo, ríos e vertentes de España en galego e castelá. Sentín a necesidade de crear este material para que fora máis atractivo para o alumnado. Empreguei imaxes reais co nome e ubicación de cada unha, coa finalidade de que na clase poidamos ubicar todo nun mapamundi. 
Como o traballo?
1º - Presentamos os accidentes xeográficos ao alumnado cunha posta en común onde eles nos conten se estiveron ou viron algún río, ría, meandro, illa, arquipélago... 
2º - Proxectamos só as imaxes dos accidentes xeográficos e o alumnado ten que dicir de cal se trata (se estamos en cursos máis baixos, escribo os nomes na pizarra en grande para que os teñan de referencia)
3º - Traballamos o relevo- Lembramos as capas da Terra e contextualizamos o relevo, posta en común, cubren o mapa mudo e poden facer cada un un pequeno mural pegando o mapa mudo no centro e recortando e pegando o resto do material descargable ao redor. Tamén deseñei unha ficha para que ordenen por orde de maior a menor altitude os picos máis importantes (contén unha adaptación para recortar e que non teñan que escribir)
4º -Traballamos a hidrografía. Do mesmo xeito, contextualizamos lembrando as capas da Terra e traballamos primeiro mares e océanos, logo vertentes e por último ríos. No descargable tendes mapas mudos para cubrir e unha ficha para catalogar os ríos por vertentes.
Agardo que vos guste e sexa de utilidade!!


DESCARGAR ACCIDENTES XEOGRÁFICOS CON ACTIVIDADES. 


DESCARGAR ACCIDENTES GEOGRÁFICOS CON ACTIVIDADES. (ESPAÑOL)